Onte tocoulle a quenda aos de 2º, que tiveran que aprazar a saída por mor do temporal. Á primeira hora visitaron os Obradoiros da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo onde tan ben nos acollen sempre e logo, tras unha breve pausa para repoñer forzas, continuaron co percorrido guiado por Santiago. Unha mañá tan productiva coma agotadora pero que pagou a pena.
Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Artes e Oficios b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Escola de Artes e Oficios b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 20 de abril de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
Roteiro literario dos de 6º con Merche Espiño.
Desta vez si que fixo bo tempo e onte o alumnado de 6º puido realizar a saída. Primeiro visitaron os obradoiros da Escola de Artes e Oficios "Mestre Mateo" e a Libraria Couceiro, onde lle falaron dos libros antigos, distintos papeis, encadernación,... Logo iniciaron o roteiro literario por Compostela da man de Merche Espiño, que anteriormente xa traballara con eles no colexio a lírica medieval. Grazas, de novo, á Escola, á libraria e a Merche Espiño polo seu trato e dedicación.
martes, 28 de marzo de 2017
Percorrido por Santiago e visita á Escola de Artes e Oficios 5º primaria.
O pasado venres 17 de marzo, tocoulle a quenda aos de 5º de primaria para meterse "in situ" no "Santiago Medieval". Fixeron primeiro unha visita aos Obradoiros da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo e logo guiados por dúas técnicas do Concello, fixeron o percorrido por Santiago. Outra gran experiencia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





