Hoxe tivemos o día grande do proxecto. Non coma colofón, xa que o proxecto continúa, pero si como un día especial para gozar e trasladarnos ate a Idade Media.
A pesar de que o tempo meteorolóxico estaba disposto a estragarnos a festa, non o conseguiu grazas ao Plan B que tiñamos programado. Aínda que perxudicounos á hora de poder ver e escoitar mellor aos artesáns e exhibicións.
Agradecer a moitísima xente que esto se poidera levar a cabo: ó alumnado e profesorado, ós pais/nais (ANPA), ós mestres e aprendizes da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, aos profes e alumnos da Asociación Fonte da Virxe que foi moi especial a súa colaboración, á Asociación de Xogos Populares de Santiago, a Compostela Esgrima, ás nais Mónica e Tamara polo seu arte, unha coma cesteira e outro coa danza e ós músicos que a acompañaron, ao ferreiro Leis, ós de Suévia (Recriaçom histórica do Reino de Galiza) e á artesá do coiro JataFarta. Non podemos esquecernos da filloeira que non daba feito a abastecer a todo o alumnado, aínda que ao final poideron todos degustar polo menos unha filloa e a Borja, que coa súa espectacular "Queimada", saciou a sede dos presentes. Finalmente aos pais que pertencen á comisión da Festa Medieval de Sar, tamén expresarlle a nosa gratitude por colaborar na decoración do centro. Esperamos non esquecernos de ninguén.
Pouco a pouco iremos subindo ao blog máis fotos e vídeos.
Santiago Medieval
Ningún comentario:
Publicar un comentario