Hoxe alumnado de 5º e de 3º recibiron, por parte do mestre Xosé Piñeiro do clube Compostela Esgrima, unha clase sobre a evolución e tipos de espadas e sobre a Esgrima Deportiva: proteccións, materiais, usos, posición básica,... Logo tiveron un momento para facer unha práctica que de seguro lles soubo a pouco e quedaron con gañas de máis. Xoves e venres outros cursos seguirán coñecendo esta displicina. Moitas grazas a Xosé pola túa aportación ao proxecto.
mércores, 26 de abril de 2017
martes, 25 de abril de 2017
Charla de Mercedes Pintos para 1º de Primaria
Hoxe a historiadora Mercedes
Gualteria Pintos, autora do libro "Picheleiros" da Ed. Positivas, tivo
un encontro co alumnado de 1º de primaria, onde lles falou dos oficios
da Idade Media, da creación da cidade de Santiago, do importante papel
das mulleres naquela época, aínda que non fora moi recoñecido e de
moitas máis cousas e curiosidades. Moitas grazas Mercedes por vir a
compartir este momento con nós que sabemos que non foi fácil para ti
falarlle a un público tan novo.
xoves, 20 de abril de 2017
Visita á Escola Mestre Mateo e Roteiro por Santiago do alumnado de 2º de Primaria.
Onte tocoulle a quenda aos de 2º, que tiveran que aprazar a saída por mor do temporal. Á primeira hora visitaron os Obradoiros da Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo onde tan ben nos acollen sempre e logo, tras unha breve pausa para repoñer forzas, continuaron co percorrido guiado por Santiago. Unha mañá tan productiva coma agotadora pero que pagou a pena.
xoves, 6 de abril de 2017
VIAXE EN TREN POR SANTIAGO DO ALUMNADO DE 3 ANOS.
O pasado 17 de marzo, e dentro das actividades do proxecto "Santiago
Medieval", o alumnado de 3 anos fixo un percorrido guiado por Santiago a
bordo do tren turístico. Pasárono xenial e aprenderon moitas cousas da
nosa cidade. Agradecemos a Autocares Mosquera as facilidades dadas para
poder levar a cabo esta actividade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)