sábado, 18 de marzo de 2017

Percorrido "Santiago Medieval" Primeiros


O pasado mércores os nenos e nenas de primeiro acompañados polas súas mestras, fixemos unha visita guiada pola zona vella de Santiago de Compostela. 
Percorrimos moitas rúas da cidade antiga, polo que fixemos unha paradiña na Praza da Quintana para merendar e repoñer forzas. 
Despois de descansar continuamos a visita á fermosa Escola de Artes e Oficios e a libraría Couceiro. 
Que ben o pasamos e cantas cousas aprendimos! 
Que fermoso é vivir en Santiago! 



xoves, 16 de marzo de 2017

Percorrido Casco Histórico Infantil 4 e 5

Hoxe tocoulle o turno aos de 4 e 5 anos, cunha pequena ruta polas rúas da cidade vella e con visita incluida á Catedral.

   

         

                                   

                                                      


Charlas 5º e 6º "Idade Media"

De novo, a historiadora Alma (nai dunha alumna do colexio) ofreceulles unhas charlas moi interesantes ao alumnado do centro. Tras unha introdución na Idade Media, faloulles aos de 5º sobre os xogos e a música do medievo e aos de 3º sobre os transportes desta época.
Moitas grazas Alma pola túa colaboración.







Saídas "Percorrido histórico por Santiago"

Hoxe tócalle o turno ao alumnado de Infantil de 4 e 5 anos. Ademais do percorrido, tamén se achegarán ate a Catedral.

XOVES 16:

-         INFANTIL 4 ANOS: Saída bus 09:30.
          10:00 Visita guiada Santiago (Alameda, as dúas Marías).

-         INFANTIL 5 ANOS:

11:15 Visita guiada Santiago (Alameda, as dúas Marías).

mércores, 15 de marzo de 2017

Visita á Praza de Abastos.

O alumnado de 4º visitou a Praza de Abastos para coñecer máis de preto o mercado e a gastronomía en Compostela. Tras unha charla sobre as portas, a muralla, sistema de salazón, alimentos do medievo,...e visitar os distintos postos, poideron degustar un petisco. 
Dárlle as grazas a Marta (Xerente da Praza de Abastos) e aos distintos socios, pola súa exquisita atención e dedicación.


Charla e Obradoiro de "Literatura Medieval" da profesora Merche Espiño.

O alumnado de 6º recibiu esta mañá unha Charla e un Obradoiro sobre Literatura Medieval como complemento ao proxecto da Biblioteca. Tras unha breve introdución, a profesora Merche Espiño, traballou cos rapaces sobre varias cantigas de Pero Meogo, Bernal de Bonaval ou Alfonso X o Sabio.
     Ademais o vindeiro mércores 22 completarán a actividade cun roteiro literario por Santiago.
          Agradecemos enormemente á profesora Merche Espiño que compartise con nós todos os seus coñecementos sobre esta temática. 





SAÍDAS "SANTIAGO MEDIEVAL"

Hoxe comezan as saídas para coñecer "in situ" a nosa cidade e o seu paso polo medievo: oficios, portas, muralla, encadernación, Códice, salazón, mercado, catedral,...serán algunhas das palabras que escoitarán ao longo da mañá o alumnado de 1º e 4º de primaria.
Grazas as entidades colaboradoras: Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, Praza de Abastos, Libraria Couceiro e Departamento de Educación do Concello de Santiago.

MÉRCORES 15:

-         1º PRIMARIA: Saída bus 09:30.

10:00 Visita guiada desde a Alameda (As dúas Marías).
11:30 (1º A) Escola de Artes e Oficios.
          (1º B-C) Libraría Couceiro
12:30 (1º A) Libraría Couceiro
           (1º B-C) Escola de Artes e Oficios.

-         4º PRIMARIA: Saída bus 09:30.

10:00 (4º A) Praza de Abastos.
           (4º B) Libraría Couceiro.
10:45 (4º A) Libraría Couceiro.
           (4º B) Praza de Abastos.

11:30 (4º A - 4º B) Visita guiada Santiago. Saída Praza de   Cervantes.